Thursday 02 de May de 2024

Alternativa de Cambre pide celeridade para as bolsas de estudos


As familias de Cambre manifestaron o seu forte descontento porque as bolsas de estudos municipais deste curso aínda non foron cobradas. As familias quéixanse de que non lles dan unha data precisa e xa están para abrir os prazos para solicitar as do próximo curso.

O obxectivo das axudas é sufragar os gastos derivados da compra de libros de texto, material escolar e uniformes. Fai unha semana do remate do curso, pero non se sabe cando se percibirán.